comarca terra de caldelas

Post on 13-Jan-2017

37 Views

Category:

Education

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

TERRA DE CALDELASA NATUREZA

Canón do Sil desde o miradoiro de Cabezoás, en Parada do Sil

A comarca de Terra de Caldelas está situada no centro-norte da provincia de Ourense, separada de Lugo polo profundo canón do río Sil. É un territorio de grandes contrastes no relevo e no clima marcado polas grandes diferenzas de altitude entre o fondo do Val do Sil (300 m) e os cumes das serras (a máxima altura está no San Mamede, con 1.619 m), e pola diferente orientación á solaina ou avesía, o que da lugar a numerosos ambientes. Nas áreas máis asolladas domina o cultivo da vide acollido, desde 1995 á D.O. Ribeira Sacra, dentro da subzona Ribas de Sil.

SUPERFICIE: 313,2 km2 POBOACIÓN: 3.141 habitantes (2015)CONCELLOS: Castro Caldelas, Montederramo, Parada do Sil e A TeixeiraESPAZOS PROTEXIDOS:-LICs Canón do Sil, Bidueiral de Montederramo e Macizo central.

CLIMAOceánico con matices de montaña, nos cumes do Macizo Central e características mediterráneas nos vales mellor orientados.

ACTIVIDADESAs principais actividades son a agrogandaría, as explotacións forestais, os servizos (en especial o turismo) e, en menor medida, a industria.

Viticultura

Un dos recursos económicos máis importantes da comarca de Caldelas é o cultivo da vide para a elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta actividade ten unha longa tradición, desde o tempo dos romanos, e foi desenvolvida posteriormente arredor dos numerosos mosteiros da ribeira. Despois duns anos de abandono o sector está a recuperarse e a maior parte das explotacións están en activo.A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe humanizada, visitar as adegas ou probar os viños. Na Teixeira existe un museo etnográfico “A casa do viño” que recolle as tradicións da comarca.

O cultivo da vide na Ribeira Sacra é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que as xentes desta terra aproveiten ao máximo as abas dos vales orientadas ao sol construíndo muros para conter a terra en socalcos ou pataos.

OS VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA

PATRIMONIOÉ unha comarca con importantes valores histórico-artísticos, asociados á Ribeira Sacra que acolle importantes representacións de tipo etnográfico (núcleos de poboación, pontes, muíños, hórreos...) e histórico artísticos (igrexas, mosteiros, castelos, pazos...)

Necrópole de San Vitorio en Parada de Sil

CONCELLOS

SUPERFICIE: 87,61 km2 POBOACIÓN: 1.351 habitantes (2015)PARROQUIAS: Abeleda (san Paio e Santa Tegra), Alais, O Burgo, Camba, Castro Caldelas, Folgoso, Mazaira, Paradela, Pedrouzos, Poboeiros, Sas de Penelas, Trabazos, Tronceda, Vilamaior de Caldelas e Vimieiro.

Vista de Castro Caldelas desde as

beiras do Sil.

CASTRO CALDELASSituado no nordeste da comarca, separado polo río Sil da provincia de Lugo e da Terra de Trives pola serra do Burgo, a maior altitude da comarca. O territorio está estruturado en tres zonas moi diferenciadas: ao norte o profundo canón dos Sil, que se abre lixeiramente na zona de Abeleda, por onde discorren as vías de comunicación con Monforte; no centro unha penichaira cunha altitide de 700 a 1.000 m, na que están asentados a maioría dos núcleos de poboación; e no sur a serra do Burgo, onde se acadan as máximas altitudes (Monte Cruz, 1.289 m). Está atravesada de sur a norte polo río Edo, un afluente do Sil.

Castelo dos condes de Lemos, levantado nos séculos XIV - XV en Cima de Vila, parte alta do casco antigo de Castrocaldelas. O 19 de xaneiro celébrase a festa dos Fachós, de orixe moi antiga. Mantendo a tradición, os homes levan grandes feixes de palla acesos e diríxense cara ao castelo onde os amorean bailando e cantando.

As principais actividades son a agricultura (viñedos, castiñeiros, pastos, patacas...), a gandaría, os servizos e pequenas industrias.É un concello onde a natureza cobra unha grande importancia pola espectacularidade das paisaxes no val do sil e dos seus afluentes. Conserva interesantes restos históricos-artísticos (castelos, igrexas, mosteiros) e etnográficos.

Mosteiro de Abeleda, actualmente en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos más influíntes da comarca.

SUPERFICIE: 135,51 km2 POBOACIÓN: 807 habitantes (201).PARROQUIAS: Os Abeledos, As Chás, Covas, Gabín, Marrubio, A Medorra, Montederramo (Santa María e San Cosme), Nogueira, Paredes, Sas do Monte, Seoane Vello e Vilariño Frío.

Área recreativa de Ponte Mazaira en Montederramo,

ás beiras do Mao.

MONTEDERRAMOSituado ao sur da comarca, nun terreo ocupado en gran parte polas serras do Macizo Central: San Mamede, ao sur, O Burgo, ao leste e Cabeza de Meda ao oeste. O territorio está dividido en dúas áreas, unha penichaira, cunha altitude media de 800 a 1000 m cunha leve inclinación cara ao norte, e as serras, que acadan a máxima altitude en San Memede, no linde coas comarcas de Allariz-Maceda e A Limia. Está percorrido polo río Mao, que vai ao Sil, e polos cursos altos do Vaos, Figueiro e Queixa, que son afluentes do Navea (tributario tamén do Sil). O clima é oceánico de montaña.

Mosteiro de Santa María Montederramo. Iniciado no século XII e reformado e varias ocasións. Destaca a igrexa de estilo Herreriano. Actualmente unha parte está ocupado por vivendas.

As principais actividades son a agricultura, a gandeiría (destaca a porcina), as explotacións forestais e os servizos.Montederramo acolle paraxes de excepcional valor ecolóxico como o LIC “Bidueiral de Montederramo”, na serra de San Mamede, ou as fragas do Monte Meda.

Ponte romana de Vilariño Frío sobre o Alavenche (afluente do Mao). Por esta ponte pasaba a Vía Romana XVIII.

SUPERFICIE: 62,41 km2 POBOACIÓN: 605 habitantes (2015)PARROQUIAS: Caxide, Chandrexa, Forcas, A Hedrada, Parada do Sil, As Paradellas, Pradomao, Sacardebois e Barxacova.

Miradoiro sobre os Canóns do Sil.Neste concello están situados dous dos miradores máis espectaculares do Canón: o de Cabezoás, no linde con Nogueira de Ramuín, e o de As Torgás, coñecido tamén como “Balcóns de Madrid”

PARADA DE SILEstá situado ao nordeste da comarca, co Canón do Sil ao norte, no linde coa provincia de Lugo (Terras de Lemos) e a serra de Cabeza de Meda ao Leste. O territorio é moi accidentado. Ao norte está ocupado polo Canón do Sil, nunha das partes máis abruptas e espectaculares, con pendentes que van desde a altitude de algo menos de 300 m ata os 700 m das bocarribeiras. Desde o o val do Sil o terreo vaise elevando ata acadar a súa altitude máxima na serra de Cabeza de Meda (1.320 m) no linde coa comarca de Maceda.É un concello eminentemente rural, cunha poboación que foi descendendo moito nos últimos tempos.

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, nunha escarpada ladeira do canón do Sil. A igrexa é románica, do século XII e XIII e ten elementos góticos posteriores. Foi ocupado por monxes benedictinos ata 1835.O concello de parada do Sil forma parte da zona coñecida como Ribeira Sacra, unha área de gran interese histórico, artístico e etnográfico. O nome de “Rivoyra Sacrata” está documentado para referirse ao refuxio de monxes e eremitas desde tempos dos suevos nas gorxas do Sil. O nome de Ribeira Sacra fai referencia tamén á Denominación de Orixe dos viñedos que se cultivan na zona.

As principais actividades son a agricultura (viñedos, cultivos forraxeiros), a gandaría, especialmente as granxas de porcino, e os servizos.Conserva importantes valores naturais, ligados ao río Sil e os seus afluentes, históricos-artísticos e etnográficos.Unha parte do territorio de Parada do Sil está protexida dentro do LIC “Canón do Sil”.

SUPERFICIE: 27,62 km2 POBOACIÓN: 378 habitantes (2015) PARROQUIAS: Abeleda, Boazo, Cristosende, Fontao, Lumeares, Montoedo, Pedrafita e Sistín.

A Teixeira

A TEIXEIRASituada no centro-norte da comarca orientada cara ao profundo val do Sil, que a separa, polo norte, da provincia de Lugo (comarca de Terra de Lemos). O territorio da Teixeira é de releve moi irregular. Ao norte está ocupado polas escarpadas ladeiras do Sil, con desniveis que van desde os 300 aos 800 m e vaise elevando paulatinamente cara ao sur ata acadar as máximas alturas no Outeiro da Toca, con 874 m. Está percorrido polos afluentes do Sil: o Mao, que fai de linde con Parada do Sil e o Edo, co seu afluente o Vaos.

Vista da parroquia de Lumeares cos viñedos aproveitando as abas na solaina.

É un concello rural, con pequenos núcleos de poboación onde as principais actividades son a agricultura (viñedos da D.O. Ribeira Sacra, castiñeiros, forraxe) e os servizos.Acolle importantes valores naturais: paisaxes espectaculares arredor do Sil, gorxas e fervenzas nos seus afluentes e soutos de castiñeiros centenarios.

Cruceiro no lugar de A Cruz (Lumeares)

RELEVO

Vista do Canón do Sil desde os cumes do Monte Meda

Esta comarca presenta tres unidades de releve diferenciadas. Ao norte sitúase o val do Sil, escavado nun profundo canón que acada en zonas os 500 m de desnivel. No centro unha área achairada situada arredor de 1.000 de altitude, unha superficie de erosión levantada no Terciario con respecto á Depresión de Lemos, que ten en Montederramo a súa zona máis baixa. No sur as serras máis altas: o Burgo, San Mamede e Cabeza de Meda, pertencentes ao Macizo Central e no leste os últimos contrafortes da serra das Cabanas.

Vista desde os cumes da Serra do Burgo sobre a depresión de Montederramo co monte Meda ao fondo.

Penedos graníticos no cume da serra do Burgo. A erosión traballou durante séculos as partes máis duras das cristas das serras do Burgo e San Mamede dando lugar a curiosas formas.

As rochas dominantes son os granitos (sobre todo no sector oriental), as cuarcitas e as lousas.

A vexetación dos cumes está dominada polo mato de uces e carqueixas, xestas, piornos, queirugas... nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros... Nas zonas avesías máis altas dominan os bidueiros e máis abaixo as reboleiras con rebolos ou capudres, carballos, acivros, avelairas e algún teixo... Nas abas da solaina atópanse tamén especies mediterráneas como as sobreiras e os érvedos. Unha parte está repoboada con piñeiros silvestres.

Cumes do Monte Meda

Sobreiras en Paradela, nas abas da serra das Cabanas

Os érvedos (Arbutos unedo) son comúns nas abas orientadas ao sur

Os capudres conservan os froitos (dos que se alimentan moitas aves) despois de perder as follas

As follas dos bidueiros tínguense no outono dunha fermosa cor dourada.

Os bosques ben conservados acollen gran variedade de brións, fungos e liques

Lique “Barba de frade” (Usnea filipendula)

Fungo (Fistulina hepatica)sobre o toro dunha vella árbore

Lagarto arnao (Lacerta lepida)

A fauna é tamén moi abundante e variada: lobo, raposo, corzo, xeneta, xabarín, lebre, perdiz, aves de rapina e do mato, réptiles, anfibios, insectos, arañas... bosques lobo, xabarín, raposo, xeneta, gato bravo, corzo, morcego da fraga, morcego de orellas partidas.

Cumes graníticos de San Mamede con Cabeza de Manzaneda ao fondo

SERRA DE SAN MAMEDEEsténdese con dirección NO-SE desde o Alto do Rodicio ata as cabeceiras do Támega. Formada por xistos e areíscas, que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves con granitos de dúas micas e algunha cuarcita nos cumes que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes penedos. O cume máis alto, San Mamede, acada os 1.619 m. Na vertente sur nace o río Arnoia e varios dos seus afluentes e no norte o Mao e varias cabeceiras do Navea. Nas nacentes dos ríos Mao e Broil consérvanse mostras de actividade glaciar (pódense observar depósitos de orixe periglaciar). Domina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia e ten unhas boas vistas sobre as serras da Queixa, Fial das Corzas e Altos do Samión. Accedese desde Montederramo por pistas de terra.

Serra de San Mamede desde Montederramo

Bidueiros na aba norte de San Mamede

Aba leste de Cabeza de Meda, co cume de Cabeza de Meda ou Picoña no centro

CABEZA DE MEDA Pequena serra de cumes redondeados que se pode considerar como uha prolongación cara ao noroeste da de San Mamede. O punto máis alto é cabeza de Meda, con 1.323 m, lugar de confluencia entre os concellos de Xunqueira de Espadañedo, Montederramo e Parada do Sil. É un mirador sobre o Canón do Sil e as depresións de Maceda, ao sur, e Monforte, ao norte.Accedese por unha estrada asfaltada desde o Alto do Rodicio, ou desde Xunqueira de Espadañedo pola pista do parque eólico.

Vista do Canón do Sil (Parada do Sil) desde o alto de Cabeza de Meda, no primeiro plano uces en flor.

Vista da aba NO da serra do Burgo

SERRA DA BURGO É unha serra de formas suaves con dirección NE-SO, paralela á serra de Queixa, da que a separa o río Navea polo leste. Os seus cumes son a divisoria das comarcas de Castro Caldelas e Terra de Trives. Os picos máis altos son A Pena da Cruz, con 1.289 m e O Serro, con 1.211 m e O Valisco, con 1.203 m. A rocha dominante é o granito de dúas micas. Na vertente oeste nace o río Edo e varios regatos afluentes do Mao, todos eles tributarios do Sil.Está ocupada por un parque eólico. Accedese desde Montederramo ou Castro Caldelas, e polas pistas do parque eólico.

Penedos nos cumes da Pena da Cruz

Cumes da serra do Burgo con San Mamede ao fondo

Vista da serra das Cabanas desde o Cume da serra do Burgo

SERRA DAS CABANAS Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. Ten un perfil suave cara a Castro Caldelas e San Xoán de Río e cae bruscamente cara ao canón do Sil, onde forma as paredes do canón no concello de Castro Caldelas. As rochas dominantes son os xistos e gneis con algúns filóns e cristas de cuarcita.Na vertente sur nacen varios afluentes do Edo, tributario do Sil. O cume máis alto nesta comarca é o Arma, con 1.030 m.

Miradoiro As Penas de Matacás, cara ao canón do Sil

Desde os montes que caen cara ao canón do Sil hai unhas vistas espectaculares sobre o mesmo: miradoiro da Pena do Xastre, en Vilarello; Pena das Matacás, en Paradela. Accedese desde Castro Caldelas pola estrada de Vilarellos, Tronceda e Torbeo. Hai varias rutas indicadas desde Castro Caldelas ou Abeleda (A Teixeira) que percorren os miradoiros e chegan ata a Pena do Xastre.

RÍOS

Canón do Sil desde o miradoiro de Cabezoás (Parada de Sil)

Agás a nacente do río Castelo, que pertence á cunca do Arnoia, a rede fluvial das Terras de Caldelas depende do Sil, que percorre o norte da comarca nos concellos de Castro Caldelas, A Teixeira e Parada do Sil. Os afluentes circulan con dirección sur-norte e salvan, en pouca distancia, un grande desnivel, desde as alturas de San Mamede, Cabeza de Meda e a Serra do Burgo (ata máis de 1.500 m) ao fondo do val do Sil, a 300 m de altitude. Todos eles aproveitan fallas do terreo e encáixanse en canóns nunha boa parte do seu percorrido, escavando gorxas nas rochas e formando rápidos e fervenzas.

Bosques en outono nas abas orientadas ao norte, na Teixeira

Á beira dos ríos consérvase vexetación típica de ribeira: salgueiros, amieiras freixos, fentos, pé de boi... Nos vales máis abertos e expostos ao sol (en especial no canón do Sil) cultívanse viñedos en socalcos (pataos, como se chaman na zona) e medran as sobreiras e os érvedos. Nas abas orientadas ao norte consérvanse carballeiras.

Cancaro (Primula vulgaris ). Atópase á sombra nas ribeiras. Lentellas de auga (Lemna minor).

Vive nas zonas remansadas.

Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo). Inverna en abundancia nos encoros.

A fauna dos ríos deste espazo é moi é moi variada. Os cantís acollen aves de rapina como o falcón peregrino, lagarteiro peneireiro, aguia real, aguia perdiceira, azor, bufo real...; no río podemos ver corvos mariños, garzas, parrulos (chupón e cristado), alavancos, merlos rieiros, lavandeiras... Haí tamén gran variedade de réptis, anfibios e insectos. Nos encoros abondan as aves acuáticas.

Muíño na casa da Fervenza, no curso alto do río Mao, en Montederramo.

Na contorna dos ríos consérvase un rico patrimonio etnográfico e histórico: muíños, pontes...

RÍO SILNace na Cordilleira Cantábrica e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en Galiza pola depresión de Valdeorras. Entra na comarca no concello de Pontecaldelas, no linde con Ribas de Sil (comarca de Quiroga) nun percorrido encaixado e totalmente retido no encoro de Santo Estevo, ata o linde do concello de Parada de Sil con Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense). Xúntase co Miño nos Peares.En todo o seu percorrido fai de linde entre Ourense e Lugo.Os principais afluentes na comarca (todos pola marxe esquerda) son o Edo e o Mao.

O Sil entre Castro Caldelas e a comarca Terra de Lemos. Á esquerda da imaxe, en terra de Castrocaldelas, as paredes do Canón do Sil están formadas polas abas da serra da Cabanas.

O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico (pregues, canóns), paisaxístico, ecolóxico (bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna) histórico e etnográfico. Unha parte do seu percorrido está protexido no espazo “Canóns do Sil”.

O Sil desde as Penas de Matacás en Paradela (Castro Caldelas).

Ponte sobre o Sil, na estrada de Ponte Caldelas a Monforte. Detrás as Penas de Matacás.

O Sil desde Sacardebois (Parada de Sil).

Vista desde Sacardebois (Parada de Sil).

Vista do val do Sil desde o miradoiro das Torgás (Parada de Sil) cara á Teixeira.

Vista das paredes do canón en Sober desde o miradoiro das Torgás coñecido tamén como “Balcóns de Madrid”, en Parada do Sil. No alto atópase o santuario das Cadeiras.

Catamarán no Sil. O canón do Sil pode percorrerse por terra para gozar das impresionantes vistas desde os distintos miradoiros, ou facer rutas en barco o embarcadoiros de Castro Caldelas.

Vista desde o barco

Canóns do Sil desde o miradoiro de Cabezoás (Parada de Sil).

Canón do Sil co monte Meda ao fondo desde o miradoiro do Cotarro en Sober.

RÍO EDOChamado tamén río de Caldelas. Fórmase a partir de varios regos que baixan da Serra do Burgo por terreos do concello de Castro Caldelas. Os principais afluentes son o Vaos e Ponte Batán, pola esquerda e o Castoi e Ferreiros, pola dereita (que baixan da serra das Cabanas). Xúntase ao Sil no linde coa Teixeira.Os cursos altos e medio son de pendentes suaves e no curso baixo encáixase para salvar o desnivel de case 700 m que hai desde a penichaira de Castro Caldelas ata o Sil.Na súa contorna consérvanse bosques dun grande valor ecolóxico.

Val do Edo en terreo de Castro Caldelas. Desde as terras altas de Pontecaldelas o Edo forma un estreito val encaixado e descende bruscamente cara ao Sil.

Río de Caldelas ou Edo en Castro Caldelas

Ponte medieval sobre o río Vaos en Lumeares (A Teixeira).

O Cachón (Río dos Vaos-Edo)A Teixeira

Área recreativa no Edo en Abeleda (A Teixeira)

Rego do Porto (Río Edo)Poboeiros (Castro Caldelas)

Desembocadura do Edo no Sil

O Edo, na desembocadura no Sil, no encoro de Santo Estevo.

Encoro no Mao

RÍO MAOO Mao ou Mau recolle as augas da vertente norte de San Mamede e da oeste da Serra do Burgo, percorre a penichaira de Montederramo e desde alí cae ao Sil formando un cavorco con rápidos e fervenzas. Os principais afluentes son o Alavenche, o Broil e o Covas.

Cavorco do Mao.No río Mao forma un profundo canón entre paredes graníticas entre os concellos de Parada de Sil e A Teixeira, antes de desembocar no Sil, no que abondan os rápidos e pequenas fervenzas e pozas.

Gorxa do MaoA Teixeira-Parada de Sil

Rego de Forcas (Río Mao)Parada de Sil

Rego da Senra (Río Mao)Parada de Sil

Ponte medieval sobre o Río Mao en Conceliños entre A Teixeira e Parada de Sil

Rego de Fiós (Río do Batán).Un afluente do Sil en Parada do Sil

AS ÁRBORES

Bosque no canón do Edo

As árbores máis abundantes son os bidueiros, os rebolos, e algunhas sobreiras e érvedos. Nos arredores das poboacións abondan os soutos onde se atopan exemplares de castiñeiros monumentais.

O outono acentúa o contraste entre as plantas de folla caediza, típicas das fraga atlántica e as de folla perenne da vexetación mediterránea.

Bidueiros en Montederramo.O bidueiro ou bido (Betula celtiberica) é unha árbore de crecemento rápido que gosta das zonas húmidas de media e grande altitude. Pode acadar os 20 m de altura e ata 100 anos. Os bidueiros forman bosques mestos (bidueirais ou biduídos). Medran formando rodais arredor das árbores vellas ou mortas.A madeira é branda e lixeira. Úsase para facer cestos, zocas, culleres...

Carballo “Caracocha” de Montederramo. -4,60 m de perímetro.Atópase na praza pública.

Pradairo de San Paio de Abeleda (Castro Caldelas). Mide 3 m de contorno e está situado na entrada do mosteiro, acompañado dun carballo.

Os soutos mansos son plantacións de castiñeiros enxertados. Noutros tempos ocuparon grandes superficies en Galiza polo aproveitamento da madeira e a castaña. Os castiñeiros bravos atópanse mesturados con outras especies en moitos bosques naturais por todo o territorio.

Castiñeiros en Pumariños, Parada do Sil. Atópanse na saída de Parada do Sil a Vilariño Frío.

Castiñeiro en Trambolosríos (Parada do Sil). No souto do lugar, preto dunha construción abandonada. Está incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Canón do Mao (Parada de Sil)Vese seguindo a ruta do canón do Mao que vai desde Forcas a San Lourenzo de Barxacova.

Castiñeiro de Pedra do Sol (Montoedo, A Teixeira)-11,56 m de perímetro.

Souto de Xirás (Montoedo, A Teixeira)

Souto de Xirás (Montoedo, A Teixeira)-8,5 m de perímetro.

Castiñeiros de Vilanova (Castro Caldelas)-o máis grande mide 6,4 m de perímetro

Piñeiro manso en Lumeares (A Teixeira). Atópase a pé da estrada que vai ao canón do Sil desde Lumeares. Mide 3,90 m de perímetro.

ESPAZOS PROTEXIDOS

Canón do Sil no remate do espazo protexido desde o miradoiro das Trigoás (Parada de Sil).

LIC CANÓN DO SILEspazo de 5.914 ha compartido coa provincia de Lugo. Nesta comarca inclúe un tramo da ribeira do Canón do Sil no concello de Parada do Sil.O curso do río está retido polo encoro de San Estebo, construído en 1955.A zona presenta características mediterráneas con precipitacións escasas e concentradas no inverno e unha grande amplitude térmica, o que da lugar a unha grande diversidade biolóxica. O maior interese deste espazo reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, e ecolóxico. Ten ademais un grande interese cultural e etnográfico ligado á Ribeira Sacra.

O Bidueiral no outono

BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMOEspazo que inclúe terreos de monte baixo e bosques (1.984 ha) situados nas abas orientadas cara ao norte da Serra de San Mamede, nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.Distínguese pola altitude á que está, entre os 1.000 e os 1.619 m, e por ser un dos bidueirais situados máis ao sur de Galiza. Acolle unha grande cantidade de exemplares centenarios entre os que se atopa unha importande biodiversidade.

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta decembro 2016

top related